Emma Strada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1884 Turín, Italia |
Morte | 1970 (85/86 anos) Turín, Italia |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira civil, arquitecta, enxeñeira |
Emma Strada, nada en Turín o 18 de novembro de 1884 e finada no mesmo lugar o 26 de setembro de 1970, foi unha enxeñeira italiana, a primeira muller italiana en licenciarse en enxeñaría civil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emma Strada era filla dun enxeñeiro de camiños. Estudou no Liceo classico Massimo d'Azeglio e fixo o exame final en 1903.[1] Tamén tiña un irmán, Eugene. Foi a primeira muller en licenciarse en enxeñaría civil en Italia o 5 de setembro de 1908 no Politécnico de Turín. Obtivo a nota máis alta e quedou terceiro nun curso de sesenta e dous estudantes.[2]
O primeiro proxecto de Emma Carrer foi a construción dunha galería de acceso a unha mina de Ollomont no Val de Aosta. Posteriormente trasladouse a Calabria (1909-1910), onde se encargou do deseño e construción da autovía de Catanzaro e da construción do ramal calabrés do acueduto de Puglia. Durante os anos 1909 a 1915 foi asistente extraordinaria do prof. Luigi Pagliani, profesor e director da Oficina de Hixiene Industrial da Universidade de Turín. En 1925 recibiu o encargo de proxectar e dirixir a escavación dunha mina de ouro preto de Macugnaga, preto do Monte Rosa.[3]
Para promover o traballo das mulleres no campo da ciencia e da tecnoloxía, en 1957 fundou, xunto con Laura Lange, Ines del Sostre, Lidia Lanzi, Victoria Ilardi, Anna Enrichetta Amour, Alessandra Bonfanti e Adelina Racheli, a Asociación Italiana de Mulleres Enxeñeiras e Arquitectos (AIDIA), da que foi a primeira presidenta.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "“Emma Strada e le altre”. Gli sviluppi dell’ingegneria al femminile dalla prima donna ingegnere in Italia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ "EMMA STRADA. Laurea in Ingegneria civile, 1908" (PDF).
- ↑ Un libro per Eva. Il difficile cammino dell'istruzione della donna in Italia: la storia, le protagoniste. Franco Angeli. 2016. Texto "Nicola" ignorado (Axuda); Texto "D'Amico" ignorado (Axuda); Texto "Milano" ignorado (Axuda)
- ↑ Alla ricerca di un'ingegnere con l'apostrofo. DEI-Tipografia del genio civile. 2013. Texto "AIDIA" ignorado (Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Emma Strada Arquivado 30 de xuño de 2021 en Wayback Machine. Strada, Ciencia a dúas voces -UniBo
- Emma Strada, Universita.it